MER (trilogía)

Página en redacción

Dramaturxia e Dirección: Julio Fer
Creación escénica e actuantes: Carmen Menager e Julio Fer
Iluminación: Anton Forgeron
Música: Roberto García de Mesa
Canción: Luna Gómez
Colaboración artística y agradecimientos: Manuel López, Mateo Macia, Zaida Gómez, Pedro Fresneda, ECOAR y Teatro Ensalle
Producción: Anómico Teatro

MER ou o invisible é un ensaio sobre a invisibilidade voluntaria como estratexia de resistencia fronte aos estamentos de poder que tanto se esforzan por invisibilizar. En 3 funcións totalmente diferentes, Carmen Menager e Julio Fer propoñerán un imaxinario de accións que circunda a arte de acción, a poesía visual e a performance escénica, a partires de textos previos, experiencias vitais e imaxes de actualidade.

  • Latitude 41°56’6.83″N / Lonxitude 6°31’44.49″O (A fronteira)
  • A invisibilidade existe (e pode ser contaxiosa)
  • A dor da dor allea (Alialxias)
Aspiro o aire dun cántaro, é un aire antigo, é o aire dun cántaro que nunca tivo auga porque antes de poder tela quedou abandonado e mudo durante anos e anos. Pregúntome se o aire, se o seu aire, é máis puro por ser de antes, o aire de terra que quedou atrapado ao lume cando o barro cocíase nunha olería, o aire que estaba xa no interior cando unhas mans daban forma á cerámica mentres o torno daba voltas e voltas a ritmo suave e melancólico. Quixen ser, algunha vez, oleira, pero xamais cheguei a ser. Os cántaros non teñen nome, aínda que poderiamos nomealos ao nacer, sería o xusto, tampouco teñen firma porque os oleiros tampouco queren ser. Os cántaros son coma os animais salvaxes ou coma as persoas que migran dun lado a outro, dun continente a outro e esquecen o seu nome e o lugar onde creceron para non ser devoltas a ningures. Eu,
son alma de cántaro baleiro,
se o cántaro rompe
eu desaparezo.

Cartel de la obra.
Imagen de Latitude 41°56’6.83″N / Lonxitude 6°31’44.49″O (A fronteira)
Vídeo de la función Latitude 41°56’6.83″N / Lonxitude 6°31’44.49″O (A fronteira) PRIMERA PARTE DE MER.